
O Concello de Cabana continúa a renovar os espazos veciñais e agora é o turno do local social de Beres (O Esto). O antigo colexio, moi deteriorado, será rehabilitado por completo para converterse nun edificio máis eficiente, sostible e preparado para o futuro.
🔧 Principais melloras
- Nova cuberta con illamento térmico.
- Fachada renovada con sistema SATE.
- Ventás de PVC con rotura de ponte térmica.
- Iluminación LED en todo o edificio.
- Calefacción máis eficiente e controlada por termostato.
- 4 paneis solares fotovoltaicos de 555 W para autoconsumo.
🌱 Impacto ambiental e económico
- 🔻 50% menos consumo de enerxía
- 🔻 40% menos emisións de CO₂
💶 Investimento: 93.077,73 €
⏱ Prazo de execución: 3 meses desde a adxudicación.
Esta actuación súmase ás melloras xa realizadas nos locais de Corcoesto e O Esto, onde tamén se incorporou illamento, novas carpinterías e sistemas de autoconsumo.