
O Concello de Muxía informa de que xa se iniciaron os traballos de limpeza e acondicionamento da Ruta dos Faros, tamén coñecida como o Camiño dos 7 Faros, un dos grandes atractivos naturais e turísticos do noso municipio.
Este enclave único destaca non só pola súa extraordinaria beleza paisaxística, senón tamén polo seu enorme potencial para atraer visitantes, impulsar o turismo e dinamizar a economía local.
Con esta actuación, o Goberno municipal reafirma o seu compromiso coa posta en valor do patrimonio natural e co fortalecemento do sector turístico, apostando por un modelo de desenvolvemento sostible, coidado e de calidade.
Trátase dun novo compromiso do actual Goberno municipal que xa comeza a facerse realidade, dentro da folla de ruta marcada para mellorar os espazos públicos, potenciar os recursos do territorio e seguir construíndo oportunidades de futuro para a veciñanza.



