
Este venres celebrouse no concello de Zas a entrega de diplomas ás persoas participantes nos cursos de “Reto Rural Dixital” impartidos pola Cruz Roja.
Tras varias semanas de formación en “Primeiros pasos co teu dispositivo” e “Comunicación e colaboración na rede”, o alumnado remata esta etapa cunha maior autonomía no uso das novas tecnoloxías e máis confianza para moverse no entorno dixital.
Dende o Concello de Zas queren felicitar a todas as persoas participantes polo seu compromiso coa aprendizaxe continua e agradecer á Cruz Roja a súa colaboración nesta iniciativa que aposta pola inclusión dixital no rural.