
Diante das manifestacións feitas recentemente sobre a situación dos centros educativos do noso concello, queremos deixar claro que o Concello de Zas 𝐧𝐨𝐧 𝐞́ 𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐬𝐚𝐛𝐥𝐞 𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐞𝐬𝐭𝐚́𝐧 𝐜𝐮𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐧𝐝𝐨, xa que estas dependen da administración autonómica competente en materia educativa.
O goberno municipal leva tempo solicitando reunións, reclamando información e pedindo compromisos firmes para mellorar as infraestruturas do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas. Ata o momento, non se obtiveron respostas concretas nin prazos definidos.
O noso papel foi e seguirá sendo o de defender os intereses da nosa veciñanza, colaborar coas ANPAs e coas direccións dos centros e esixir solucións reais, pero 𝐚𝐬 𝐜𝐨𝐦𝐩𝐞𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐞 𝐨𝐬 𝐢𝐧𝐯𝐞𝐬𝐭𝐢𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨𝐬 𝐞𝐬𝐭𝐫𝐮𝐭𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐬𝐩𝐨𝐧𝐝𝐞𝐧 𝐚́ 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚.
Seguiremos traballando con responsabilidade e transparencia, porque o único importante aquí é garantir unhas condicións educativas dignas para o noso alumnado.



