
O Concello da Baña informa da 𝐜𝐨𝐫𝐫𝐞𝐜𝐭𝐚 𝐫𝐞𝐩𝐨𝐬𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐯𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬 𝐜𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨𝐬 𝐟𝐨𝐫𝐞𝐬𝐭𝐚𝐢𝐬 nas 𝐳𝐨𝐧𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐕𝐢𝐥𝐚𝐫𝐢𝐧̃𝐨 𝐞 𝐁𝐞𝐫𝐠𝐚𝐧𝐝𝐨, tras a finalización dos traballos de extracción de madeira realizados por empresas do sector.
Tal e como establece a
𝐨𝐫𝐝𝐞𝐧𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐥, as empresas maderistas teñen a obriga de devolver os camiños ao seu estado orixinal unha vez rematadas as tarefas, garantindo así a súa correcta conservación e o uso en condicións adecuadas por parte da veciñanza, do sector agrogandeiro e dos servizos municipais.
As imaxes amosan o resultado destas actuacións, que contribúen a
𝐦𝐚𝐧𝐭𝐞𝐫 𝐞𝐧 𝐛𝐨 𝐞𝐬𝐭𝐚𝐝𝐨 𝐚 𝐫𝐞𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐜𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨𝐬 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐞 𝐟𝐨𝐫𝐞𝐬𝐭𝐚𝐢𝐬, fundamentais para a mobilidade, a actividade económica e a prevención de riscos.
Dende o Concello continuaremos velando polo cumprimento da normativa, co obxectivo de
𝐩𝐫𝐨𝐭𝐞𝐱𝐞𝐫 𝐚𝐬 𝐢𝐧𝐟𝐫𝐚𝐞𝐬𝐭𝐫𝐮𝐭𝐮𝐫𝐚𝐬 𝐩𝐮́𝐛𝐥𝐢𝐜𝐚𝐬 𝐞 𝐨 𝐧𝐨𝐬𝐨 𝐞𝐧𝐭𝐨𝐫𝐧𝐨 𝐧𝐚𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥.






