
Víctor Negreira, integrante do Club Natación Santa Comba, asinou unha brillante actuación no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo en distancias curtas, celebrado a pasada fin de semana en Guadalajara.
O deportista xalleiro conseguiu a medalla de bronce nos 50 metros combinada, ademais dun cuarto posto nos 100 metros supersocorrista e un sétimo posto nos 25 metros remolque, resultados que consolidan o seu gran momento deportivo.
O equipo xuvenil do club tamén destacou na competición estatal, rematando nunha meritoria cuarta posición na clasificación xeral.
Así mesmo, desde a entidade salientan a participación das nadadoras Uxía García e Alba Gerpe, que amosaron un bo nivel e unha evolución prometedora nas súas categorías, contribuíndo ao excelente papel do club no campionato.