Unha posible banda organizada estaría a actuar na comarca da Costa da Morte, tras rexistrarse varios…
Mes: marzo 2026
A Guardia Civil detivo un veciño de Muxía como presunto autor dun delito de roubo con forza nun establecemento de máquinas expendedoras en Cee.
A actuación comezou tras recibir un aviso no Centro Operativo de Servizos ás 08:00 horas do…
O peirao de Corme contará cun novo sistema de iluminación!
O peirao de Corme contará proximamente cun sistema de iluminación completamente renovado. Portos de Galicia está…
O BNG de Vimianzo solicita explicacións pola viaxe de cinco concelleiros a FITUR
Vimianzo, 28 de febreiro de 2026. O BNG de Vimianzo rexistrou no Concello unha solicitude de información para coñecer con detalle os gastos derivados do desprazamento de cinco concelleiros á última edición de FITUR, celebrada en xaneiro en Madrid. A formación nacionalista cualifica de “innecesaria” a elevada representación institucional e considera que a decisión resulta “especialmente desacertada” no actual contexto económico do Concello, tras pecharse as contas municipais de 2025 cun déficit de 474.000 euros. Neste escenario, sinalan, a prioridade debe ser a contención do gasto e unha xestión responsable e eficiente dos recursos públicos.O BNG tamén discrepa do enfoque do vídeo promocional presentado na feira, que sitúa o municipio como punto de partida para percorrer a comarca. Ao seu xuízo, a estratexia turística debería centrarse na posta en valor do patrimonio propio, como a contorna do Castelo, Os Penedos ou o Parque do Megalitismo, co obxectivo de que o impacto económico repercuta directamente no conxunto das parroquias. Por iso, os nacionalistas sosteñen que antes de destinar recursos a viaxes ou campañas promocionais, o goberno local debería priorizar a mellora e acondicionamento dos espazos e infraestruturas municipais, tanto para reforzar o seu atractivo turístico como para garantir o seu uso e desfrute por parte da veciñanza.