
O Muros está a desenvolver nos últimos días novos traballos de limpeza, desbroce e acondicionamento en diferentes espazos verdes do municipio, dentro do plan municipal de coidado e mellora dos espazos públicos.
Durante a pasada semana, as actuacións realizáronse en Esteiro, na Casa da Sociedade, na Alameda e no parque infantil do Artón. Os traballos continúan estes días en Artón, Paraméan e no paseo fluvial do río Maior, co obxectivo de manter estes espazos en bo estado para o uso e desfrute da veciñanza.
A concelleira de Obras, Laura Rivadeneira, destacou o esforzo que se está a realizar desde o Concello para garantir o mantemento destas zonas. Subliñou ademais a combinación de medios propios e o apoio de empresas externas cando é necesario, co fin de mellorar de forma continua a conservación dos espazos públicos.
Desde o Concello sinalan que estes traballos forman parte dunha programación habitual de mantemento, orientada a ofrecer contornos máis coidados, seguros e agradables para toda a veciñanza.


