
Polémica polos festivos locais en Santa Comba e o cambio de data do pleno municipal
A decisión do goberno municipal de Santa Comba sobre os festivos locais volveu abrir a polémica política no concello xalleiro. Diferentes voces críticas sinalan que a elección das datas festivas podería responder máis á axenda persoal do alcalde que a criterios institucionais ou tradicionais.
Segundo denuncian desde a oposición e sectores críticos coa xestión municipal, os anos 2023, 2024 e 2025 o día 22 de maio non foi declarado festivo local en Santa Comba, algo que consideran significativo tendo en conta os recentes cambios na organización da actividade municipal.
As críticas tamén se centran no cambio da data dun pleno municipal. Inicialmente, segundo estas versións, o adiamento xustificouse pola coincidencia coa festividade de Santa Rita e pola suposta ausencia de asuntos de relevancia na orde do día. Posteriormente, aseguran, o propio rexedor tería recoñecido que o motivo real estaba relacionado cunha viaxe persoal.
Os críticos cuestionan ademais a compatibilidade da dedicación exclusiva do alcalde coa existencia de varias actividades económicas privadas, unha situación que cualifican de “insólita” e que, ao seu xuízo, afecta á forma de gobernar o concello.
Desde estes sectores considérase que o funcionamento institucional “non pode depender de intereses persoais”, reclamando maior transparencia e explicacións públicas sobre os criterios empregados tanto para a fixación dos festivos locais como para a organización da actividade plenaria.
Polo momento, desde o goberno municipal non transcendeu unha resposta oficial ás críticas formuladas arredor desta cuestión.
Ademáis todo Concello ten a obriga de manter un servizos mínimos e neste caso támen fan caso omiso.
CONCELLO ABERTO NO 2025,2024 E 2023


