
Hoxe a contorna do edificio Valentín amenceu con danos provocados por actos vandálicos que causan indignación entre a veciñanza.
Desde os Veciños de Muros queremos facer un chamamento ao respecto e ao civismo. Coidar o que é de todos non custa nada, pero destruílo supón un prexuízo para toda a comunidade.
Este tipo de accións non son unha travesura, senón un acto de vandalismo que deteriora os espazos comúns e afecta á convivencia. Respectemos o pouco que temos e traballemos entre todos para manter o noso entorno en boas condicións.
Pedimos responsabilidade e colaboración para evitar que feitos como este volvan repetirse. Os espazos compartidos son patrimonio de toda a veciñanza e merecen ser tratados con respecto.

