A nova casa do concello

A próxima semana darán comezo as obras de rehabilitación integral do edificio da Casa do Concello, un proxecto transformador que modernizará completamente as instalacións municipais para ofrecer un mellor servizo á cidadanía.

Durante o desenvolvemento das obras, os distintos departamentos municipais iranse trasladando a outras dependencias para garantir a continuidade da atención ao público:

🏢 𝐕𝐢𝐯𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐄𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚𝐬: converterase no principal centro administrativo temporal. Alí estarán o Rexistro Xeral, Urbanismo, Secretaría, Servizos Económicos (Intervención e Tesourería), Administrativos, a Oficina de Información ao Consumidor e o Gabinete de Comunicación.

🏛️ 𝐄𝐝𝐢𝐟𝐢𝐜𝐢𝐨 𝐀𝐝𝐦𝐢𝐧𝐢𝐬𝐭𝐫𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨 𝐝𝐚 𝐋𝐚𝐫𝐚𝐜𝐡𝐚: habilitarase un punto de Rexistro e tamén se situarán as dependencias da Alcaldía.

🎭 𝐂𝐚𝐬𝐚 𝐝𝐚 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚: acollerá os departamentos de Cultura, Deportes, Xuventude e Turismo.

⚖️ 𝐗𝐮𝐥𝐠𝐚𝐝𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐚𝐳: trasladarase a un baixo alugado na rúa Rosalía de Castro.

▶ Afrontamos este proxecto coa ilusión de construír unha Casa do Concello máis accesible, eficiente e adaptada ás necesidades actuais dos traballadores municipais e tamén dos cidadáns.