
A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou a convocatoria das axudas para subministración eléctrica, promovida pola Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade para dar resposta ao encarecemento do prezo da luz e garantir o acceso de toda a poboación a un servizo básico como é a electricidade. En catro anos concedéronse un total de 408 subvencións.
A liña de axudas á subministración eléctrica está concibida como un mecanismo de apoio económico para garantir o acceso á enerxía eléctrica ás familias con menores ingresos e evitar deste xeito a denominada «pobreza enerxética».