
Hoxe Laxe viviu unha xornada inesquecible coa celebración da 1ª Carreira Popular Pedestre.
Cun día espectacular, perfecto para correr e desfrutar do gran entorno no que se encontra a vila, Laxe acolleu a centos de participantes nas diferentes categorías, desde os 5 ata os 10 km e tamén nas carreiras para a cativada. Unha altísima participación que demostra que Laxe ten moito que ofrecer tamén no ámbito do deporte .
















