
Así loce o lugar de Ameixenda tras as obras do Concello de Ponteceso!
As intervencións supuxeron a reparación do firme, que se atopaba en mal estado de conservación.
O alcalde, José Manuel Mato, sinala que estas actuacións reafirman o compromiso do goberno local por seguir «renovando as instalacións e servizos da veciñanza».
Tal e como explica o rexedor, é un obxectivo «que vimos cumprindo desde os dous últimos anos e no que seguiremos traballando, proximamente, con novos proxectos».
