
Rois, 11 de agosto de 2026. Unha persoa resultou ferida este martes tras sufrir unha saída de vía na estrada CP-7401, ao seu paso por Urdilde, no municipio de Rois.
Ata o lugar do accidente desprazouse o equipo de garda do GES de Brión, que comprobou que a persoa ferida era accesible, polo que non foi necesario empregar material de excarceración.
No operativo tamén participaron efectivos de Protección Civil de Rois, persoal sanitario do 061 e axentes da Garda Civil de Tráfico.
Os servizos de emerxencia atenderon a persoa ferida e procederon á súa evacuación para recibir asistencia sanitaria. As circunstancias nas que se produciu a saída de vía están sendo investigadas.