
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe o Castro de Montes Claros con motivo do comezo dunha nova campaña de escavación arqueolóxica cara a zona do torreón.
Estes traballos, financiados pola Xunta de Galicia, permitirán seguir afondando no coñecemento do castro e ampliar as estruturas que xa se foron descubrindo. Un paso máis para poñer en valor o noso patrimonio e achegalo á cidadanía.
