
Renovada a pista que une a AC-419 coa estrada de Pazos a Langueirón.
O alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato, insiste en que “a estratexia do noso goberno é consolidar un rural vivo e funcional, mellorando a calidade de vida da nosa veciñanza”.
De aí as obras de mellora viaria que se están levando a cabo, favorecendo así o tránsito de todo tipo de vehículos polas pistas das aldeas.
“O plan municipal de mellora das pistas, en coordinación coas subvencións de AGADER, permite que a Xunta e o Concello sumen recursos e experiencia”, engadiu Mato.

