ITV Móvil en Carballo

Unha unidade móbil da ITV de turismos estará en Carballo durante todo o mes de agosto.

O equipo da inspección técnica de vehículos estará situado no polígono industrial de Bértoa, fronte á nave de servizos agrícolas Pose, de luns a venres, de 08.00 a 14.30 horas, desde o 1 ata o 29 do mes que vén. As persoas interesadas xa poden pedir cita a través da páxina web da empresa concesionaria do servizo en Galicia, Supervisión y Control, ou do teléfono 981 928 080.

Esta campaña extraordinaria da ITV, na que colabora o Concello de Carballo, complementarase coas visitas periódicas que realizan todos os anos as unidades móbiles de turismos, vehículos agrícolas e ciclomotores.