Vergoña e deixadez na avenida da Corveira de Culleredo

A avenida da Corveira, en Culleredo, presenta un estado que está a provocar malestar entre os veciños. A estrada está chea de fochancas e desperfectos no firme, unha situación que evidencia, segundo os afectados, a falta de mantemento por parte do Concello.

O estado da vía dificulta a circulación e supón un risco tanto para os condutores como para os peóns, especialmente en determinados puntos onde os baches son de considerable tamaño.

Os veciños reclaman ao Concello de Culleredo que actúe con urxencia e proceda á reparación do firme. Consideran inaceptable que unha avenida con tráfico diario presente estas condicións e esixen unha solución que poña fin a unha situación que cualifican de “vergonza e deixadez total”.

A pregunta que queda no aire é clara: canto máis terá que agardar a avenida da Corveira para que o Concello arranxe as súas fochancas?