Laxe volve gozar do mellor vólei-praia coa terceira edición do torneo de Mareas Vivas

A praia de Laxe volveu ser escenario dunha gran xornada de deporte coa celebración da terceira edición do torneo de vólei-praia organizado por Mareas Vivas. A competición reuniu 14 equipos procedentes de diferentes puntos de Galicia e de España, con participantes chegados de Cáceres, Valladolid, Lugo, Santiago e, por suposto, Laxe.

O triunfo foi para BCM, equipo formado por Brais Velo, Manuel Domínguez, de Laxe, e Candela Fernández Mira. Ademais de proclamarse campión, Candela foi distinguida como mellor xogadora do torneo, recoñecendo así a súa destacada actuación.

O segundo posto foi para Triple C, integrado por Darío Mira, de Laxe, Millán Lado e Ángel Álvarez. O podio completouno Waydy, formado por Xabier Gómez, de Laxe, Jorge Díaz e Xián Pérez.

Desde o Concello de Laxe queremos felicitar a todos os equipos participantes e, especialmente, aos deportistas laxenses pola súa gran actuación e por contribuír a levar o nome de Laxe a través do deporte.

Así mesmo, queremos agradecer a Mareas Vivas o traballo e a dedicación necesarios para facer posible unha nova edición deste torneo, así como a todas as persoas participantes e ao público que se achegou ata a nosa praia para desfrutar dunha magnífica xornada de vólei-praia.

Unha vez máis, Laxe demostra que deporte, praia e participación son a combinación perfecta para gozar do verán! 💙🏐