
Un vehículo ardeu por completo este venres pola noite na rúa Os Niños, en Bastiagueiro (Oleiros).
O aviso recibíuse arredor das 22:30 horas e ata o lugar desprazáronse tres efectivos dos Bombeiros de Oleiros. Á súa chegada, comprobaron que o turismo estaba completamente calcinado e procederon a extinguir as lapas.
A Policía Local tamén acudiu ao lugar para garantir a seguridade na zona mentres se desenvolvían os traballos de extinción.
Polo momento, descoñécense as causas que provocaron o incendio.