

Que haberá aí debaixo? Porque bachean e, aínda non chegaron os obreiros á Baña, xa reaparece o bache. 😱
Haberá unha trabe de ouro e outra de alcatrán?
Será preciso chamar á Dirección Xeral de Minas para investigar o que se agocha baixo o asfalto? ⛏️😂
📍 Onde está o misterio? Na baixada de Sanamede cara ás Freiriñas.
Un tramo que, por certo, tamén ten falta dun agarimo… e dun arranxo en condicións.
Porque se os baches aparecen máis rápido do que se poden tapar, algo haberá que revisar. A estrada precisa solucións, non parches que duren catro días.