Carballo Aposta polo Futuro

Dende o 9 de xuño está en marcha o curso de Xestión de chamadas de teleasistencia, unha oportunidade única para prepararse nun sector en crecemento, que combina tecnoloxía, atención á cidadanía e compromiso social.

O alumnado está a recibir formación especializada para ofrecer apoio telefónico en situacións de emerxencia, acompañamento emocional e servizos de atención ás persoas maiores ou dependentes.

Unha ferramenta clave para mellorar a empregabilidade e contribuír a unha sociedade máis coidada e conectada.