
O xoves 24 de xullo estará en Carballo unha das bandas referentes da rica escena do folk galego actual: De Ninghures. O concerto será patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz, que ano tras ano vén colaborando co Concello de Carballo na promoción da cultura galega. Hoxe, o presidente da fundación, Luciano Calvo, e o alcalde de Carballo, asinaron o convenio correspondente, nun acto ao que asistiu tamén a concelleira de Cultura e Festas, Maruxa Suárez.
De Ninghures, Premio Martín Códax 2025 na categoría de folk, tocará o xoves 24, a partir das 22.30 horas, na Praza do Concello. Acceso libre e de balde.
