O Concello realiza traballos de mantemento no CEIP Praia de Quenxe de cara ao inicio do curso

Co obxectivo de poñer a punto as instalacións do CEIP Praia de Quenxe de cara ao inicio do curso escolar 2026/27, as brigadas municipais levaron a cabo nos últimos días diversas actuacións de mantemento e mellora no centro educativo.

Os traballos centráronse principalmente na limpeza dos patios e accesos, así como no repintado da sinalización horizontal dos pasos de peóns, contribuíndo a mellorar a seguridade e as condicións dos espazos exteriores do colexio.

No interior do edificio tamén se realizaron pequenas reparacións e traballos de pintura, co propósito de deixar as instalacións en boas condicións para recibir o alumnado no novo curso.

Desde o Concello desexamos a toda a comunidade educativa un feliz inicio do curso escolar 2026/27, especialmente aos máis cativos e cativas, que comezan unha nova etapa chea de aprendizaxes, ilusións e novas experiencias.