Festas do Carme en Caión A Laracha

Caión celebra nesta fin de semana as festas do Corpus e do Carme con este programa organizado pola Acd Peña Royal de Caión e o Concello coa colaboración de Cultura da Deputación da Coruña.

Ademais dos actos festivos e relixiosos, o sábado desfruta das alfombras florais e do teatro de rúa con «Moby Dick». O domingo, a tradicional procesión ao porto a mediodía, e no serán, actuación de A.C Arume de Caión.