Vimianzo desfruta do Campionato de España de Trial

Vimianzo está a vivir hoxe unha auténtica xornada de espectáculo sobre dúas rodas coa celebración do Campionato de España de Trial.

A localidade coruñesa convértese durante esta xornada no epicentro do mellor trial nacional, cunha competición que está a ofrecer aos afeccionados momentos de gran emoción, habilidade e espectacularidade.

Os pilotos están a demostrar o seu nivel técnico nos diferentes obstáculos e zonas preparadas para a proba, facendo as delicias do público que se achega ata Vimianzo para gozar dunha modalidade tan espectacular.

🫶🏻 Aínda estades a tempo! Se queredes desfrutar do mellor trial de España, achegádevos hoxe a Vimianzo e vivide en directo un espectáculo do melloriño.

Vimianzo, capital do trial por un día.