
Os veciños de Barizo denuncian o deficiente estado de conservación do parque infantil da localidade e advirten da perigosidade que presentan varias das instalacións para os nenos e nenas que utilizan este espazo.
Segundo trasladan os residentes, o tobogán presenta zonas de madeira astillada, o que podería provocar cortes ou feridas aos pequenos. A mesma situación repítese nas mesas de madeira, que se atopan deterioradas e con astillas.
As deficiencias tamén afectan aos elementos de xogo. O balancín está roto, mentres que un dos columpios presenta o ancoraxe solto e, ademais, falta outro dos columpios que anteriormente formaba parte da instalación.
Os veciños tamén sinalan o mal estado do chan do parque, que presenta un importante deterioro e contribúe a incrementar o risco de caídas e accidentes.
Ante esta situación, os residentes de Barizo reclaman que se leve a cabo unha revisión urxente de todo o parque infantil, así como as reparacións e substitucións necesarias para garantir que os nenos poidan utilizar as instalacións con seguridade.
Os veciños consideran que o mantemento adecuado destes espazos debe ser unha prioridade e advirten de que non se debería agardar a que se produza un accidente para actuar.









