
Hoxe en Soesto vivimos unha tarde máxica co teatro de monicreques “Un rei e outros animais”! Que ben o pasamos grandes e peques cunha historia chea de humor, fantasía e mensaxes para reflexionar
Grazas á compañía, ao público asistente e a todas as persoas que fixeron posible esta actividade cultural organizada pola Concellería de Comercio, Hostalería, Turismo e Cultura do Concello de Laxe, coa colaboración da Deputación da Coruña.



