Noia acolle este sábado a 17ª edición de SKT Fighters cun título galego neoprofesional en xogo

O pavillón Agustín Mourís de Noia será escenario este sábado, 17 de outubro, dunha nova cita co boxeo coa celebración da 17ª edición de SKT Fighters, unha velada que reunirá combates de boxeo amateur e neoprofesional e que contará coa participación de deportistas locais.

Un dos grandes atractivos da xornada será o enfrontamento entre Ismael Riveiro e Angello Vázquez, no que estará en xogo o título galego neoprofesional, nun combate que promete concentrar boa parte da atención dos afeccionados a este deporte.

A apertura de portas está prevista para as 19.00 horas, nunha velada que busca achegar o boxeo ao público e poñer en valor o traballo e a preparación dos deportistas que participan na competición.

As entradas terán un prezo de 12 euros en venda anticipada e 15 euros no despacho de billetes.

Desde o Concello de Noia anímase a veciñanza e ás persoas afeccionadas ao deporte a asistir a esta cita deportiva, desfrutar dunha gran xornada de boxeo e apoiar os boxeadores locais nun evento que volverá situar Noia como punto de encontro para os amantes desta disciplina.