
O Concello de Teo acolleu a inauguración do Espazo Arteneo, impulsado pola Asociación Cultural de Artesanía de Teo, na Casa Común Marisa Mirás.
Este novo espazo nace como punto de encontro para poñer en valor a artesanía local, dar visibilidade ao traballo dos artesáns e achegar á veciñanza a riqueza e a diversidade dos oficios artesanais.
Durante esta fin de semana, as persoas que se acheguen ao Espazo Arteneo poderán desfrutar dunha programación especial que inclúe exposicións, demostracións en vivo e obradoiros impartidos polos artesáns teenses.
Unha oportunidade para coñecer de preto o seu traballo, descubrir diferentes técnicas artesanais e apoiar o talento creativo e a tradición cultural de Teo.
O Espazo Arteneo abre as súas portas para celebrar a artesanía, a creatividade e a identidade local.
