
A Policía Nacional detivo na noite do venres ao sábado un home acusado de apuñalar en varias ocasións o porteiro dun karaoke situado na avenida de Fisterra, na cidade da Coruña.
Segundo fontes coñecedoras do sucedido, a agresión produciuse de madrugada, despois de que o traballador lle impedise a entrada ao local ao agora detido.
O home foi arrestado pola Policía Nacional, que se fixo cargo das actuacións para esclarecer as circunstancias nas que se produciu a agresión.
