
Un incendio desatouse na granxa de vacas Río Paz, da Campara, Ponteceso. Os servizos do 112 activarón a alerta ás 20.22 horas. Ao lugar acudiron o GES de Ponteceso, os bombeiros de Carballo, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. Varios veciños colaboran cos seus tractores na extinción das chamas, e no punto atópase, así mesmo, o alcalde, José Manuel Mato. O lume afecta a unha estrutura cuberta por plástico na que a xerencia almacenaba alpacas, informan desde Emerxencias. Unha hora máis tarde do aviso inicial, o incendio está controlado e, en principio, os animais non se viron prexudicados, a pesar de que se atopan moi preto das chamas. .