
Co obxectivo de garantir os mellores servizos durante as #FestasdaXunqueira, procedeuse á instalación de:
Aseos públicos con persoal de limpeza permanente.
Ubicados entre o Mercado Municipal e a Praza de Concha Blanco.
O 13 e 14 de agosto en horario de 19.00 h. a 07.00 h.
O 15 e 16 de agosto en horario de 11.00 h. a 16.00 h. e de 19.00 h. a 07.00 h.
Espazo de Acollida para garantir unhas festas seguras e libres de violencia.
Ubicado na Aula da Cruz Vermella, sita na planta baixa da Casa do Concello de
23.00 h. a 04.00 h
Recarga o móbil para urxencias (
chama a quen te recolla,
se te despistas)
Zona de agarda segura. Punto de reunión co teu grupo ou agarda aquí a que che veñan recoller
Información sobre servizos e prevención de condutas de risco.
Horas sen ruído nas atraccións
Un ano máis, durante as Festas da Xunqueira, as atraccións funcionarán sen música todos os días de 19.00 a 21.30 h. para que todas as persoas con sensibilidade auditiva poidan desfrutar das atraccións.