
O noso museo medra! Grazas ás axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, incorporamos:
30 soportes de metacrilato para coidar mellor as nosas pezas .
3 vinilos informativos sobre Isidro Parga Pondal, o Laboratorio Xeolóxico de Laxe e Kaolines de Lage .
Moi pronto… 2 novas vitrinas: unha para os naufraxios e outra para o patrimonio científico e técnico.
O Museo do Mar de Laxe segue a ser un orgullo para a nosa vila e un lugar único para descubrir a nosa historia mariñeira.



