2 novos tractoristas no Concello de Carballo

Coa incorporación de David Manuel Vilanova Esmorís e Iván Lema Nantón, tras superar o proceso selectivo correspondente, xa está completo o equipo de oficiales tractoristas do Concello de Carballo.

Os novos funcionarios tomaron posesión nun acto ao que asistiron a alcaldesa en funcións, Belén Lendoiro; o concelleiro de Obras, Luis Lamas, e o xefe da brigada municipal de obras, Manolo Mariño.