A formación UCIN Boiro cuestiona o resultado das obras executadas en Cimadevila, cun investimento de 178.365 euros, ao considerar que o resultado final non se corresponde co proxecto presentado inicialmente, no que se contemplaba a creación dun espazo con zonas verdes e árbores.
Segundo denuncia a formación, os planos da actuación recollían un parque con elementos vexetais, unha previsión que, ao seu xuízo, non se ve reflectida na obra executada. UCIN pon así o foco na ausencia da zona verde que figuraba no deseño inicial e reclama explicacións sobre o destino que tivo esa parte do proxecto.
A formación tamén cuestiona as explicacións ofrecidas polo alcalde, que aludiu ao estado de saúde das árbores, ás tarefas de tala e a motivos de seguridade para xustificar a actuación.
Porén, UCIN considera que estas explicacións non aclaran que aconteceu coa zona verde prevista nin como se resolveu finalmente este aspecto do proxecto.
A formación reclama transparencia sobre o desenvolvemento dunha obra que supuxo un investimento de 178.365 euros e pide aclaracións sobre as diferenzas entre o proxecto inicial e o resultado que poden observar agora os veciños de Cimadevila.
