O NADAL EN GALICIA NON COMEZA EN VIGO, COMEZA EN VILARNOVO, NO CONCELLO DE SANTA COMBA.

Hai tradicións que xa forman parte da identidade dun pobo, e a de Vilarnovo é unha delas.

Un ano máis, Vilarnovo dá o pistoletazo de saída ao Nadal xalleiro, converténdose nun dos primeiros lugares en encher de maxia, ilusión e espírito do Nadal estas datas tan especiais.

Unha iniciativa que, ano tras ano, reúne tradición, veciñanza e ilusión, e que xa se converteu nunha cita imprescindible.

👏 Noraboa por manter viva esta tradición un ano máis!

E grazas ao Concello de Santa Comba por facernos chegar o vídeo para compartir este momento con todos vós.

🎄 O Nadal tamén ten o seu berce en Santa Comba!