
O Concello de Betanzos entregou onte o distintivo «Muller Emprendedora. Toda unha vida» a Beatriz Manivesa Varela, propietaria da coñecida Perruquería Unisex Bea, en recoñecemento á súa traxectoria profesional e á súa dedicación ao mundo do emprendemento.
Con este galardón, o Concello quixo poñer en valor o percorrido dunha muller que, a través do seu negocio, representa o esforzo, a constancia e a contribución das mulleres ao desenvolvemento do comercio e da actividade económica local.
Unha homenaxe especial a Beatriz Manivesa polo seu labor ao longo dos anos e por ser un exemplo de emprendemento feminino en Betanzos.
