
O Concello de Rois organizou os días 21 e 22 de novembro unha convivencia de mulleres que lles permitiu compartir unha fin de semana de lecer, cultura e turismo por distintos puntos da provincia de Ourense.
Durante a viaxe, as participantes visitaron lugares de gran interese patrimonial, histórico e turístico, como o mosteiro de Oseira, Allariz, Vilanova dos Infantes, Celanova, Ribadavia e a cidade de Ourense.
A actividade contou co acompañamento de Uxía Pérez e Eva Castro, integrantes do persoal municipal de Asuntos Sociais, que estiveron xunto ás participantes durante esta experiencia de convivencia.
A iniciativa promovida polo Concello de Rois tivo como obxectivo favorecer o encontro, a socialización e o fortalecemento dos vínculos entre as mulleres do municipio, ofrecéndolles unha oportunidade para compartir experiencias, desfrutar do tempo libre e descubrir novos lugares nun ambiente de compañeirismo.
A fin de semana converteuse así nunha proposta de participación social e lecer compartido, contribuíndo a crear espazos de relación e convivencia entre as veciñas de Rois.
