Un atropelo múltiple na Coruña deixa 6 feridos Palabras descoñecidas

Un atropelo múltiple na praza de Mina, na Coruña, deixou este mércores seis feridos, dos cales algúns se atopan en situación de gravidade. Sobre as 12:20 horas un vehículo Volkswagen, que saía do aparcamento de Juana de Vega, levou por diante a seis peóns que cruzaban por un paso de peóns, un de especial tránsito. Segundo testemuñas, o semáforo atopábase en verde. Catro das vítimas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia. Dúas mulleres acabaron no chan despois da colisión e tiveron que ser atendidas in situ polo 061. Descoñécense as causas do atropelo, aínda que xa están a ser investigadas. O condutor foi detido.

https://twitter.com/RadioCoruna/status/1960654257037959223/video/1