
O Concello de Santa Comba ten previsto ter operativo o centro de día de Santa Comba antes do 2027, unha nova estupenda senón fose polos preto de 300.000€ de gasto que supone a obra. Pode parecer un bo prezo pero non se pode enganar a xente desta maneira.
O edificio do centro de día xa esta construido e se prestan atención os seguintes puntos o ides entender mellor:
- O sistema estructural do edificio non sera intervido.
- O sistema envolvente non sera intervido.
- As Cubertas tampouco seran intervidas.
- Mantense a Carpintería existente.
- Mantense os forjados existentes.
- As portas de madeira serán as existentes.
- Fachada non sera intervida.
- Ventilación Mantense a actual.
- Climatización Mantense o actual sistema.
- Cocina Mantense a existente.
- Estudio xeotécnico non se realiza.
- non hai cimentación nin posta a terra.
Con todas estas razóns como pode ser que o presuposto sexa de 300.000€ , no ano 2021 Cabana de Bergantiños comezou as obras do centro de día facendo todos os puntos anteriores por un prezo de 300.000€




A que xoga o Sr Alberto Romar cando quere vender unha obra cun custo moi elevado para un concello, un concello con debeda que teñe a o alcalde cobrando con dedicación exclusiva e unha concelleira é o único que estan facendo e ampliar a débeda municipal cada vez mais, unha débeda que van ter que pagar os Xalleiros o día de mañá.
O incrible é que o Presidente da Xunta de Galicia este de Acordo. Declaracións do Alcalde a outro medio «Romar agradece la agilidad de la Xunta: «Fora unha das demandas que lle trasladei ao presidente Alfonso Rueda«
Sr Alberto Romar Así e alcalde calqueira! E como podes ver na nosa linea editorial somos un xornal de información libre, non nos casamos con naide.