
Se queres coñecer de primeira man como a #sostibilidade pode transformar o #turismo local e impulsar a competitividade nos negocios do sector, non faltes ao evento de presentación «C4S: Turismo de Impacto Positivo» coa participación de Alejandro Sánchez, que falará da súa experiencia na integración da sostibilidade en Abeiro da Loba, aloxamento turístico das Mariñas Coruñesas e referente no impacto positivo no territorio.
Xoves 25 setembro 2025
17:30
Sala Cervantes, Mercado Municipal. Rúa Cervantes 0, Carballo.
Neste evento presentarase o Programa de impulso á sostibilidade no turismo C4S, unha iniciativa da Concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Carballo para impulsar a sostibilidade nos establecementos turísticos do noso concello
Non perdas a oportunidade de formar parte dun turismo con impacto positivo!

