
A intervención resolverá os problemas que tiña a veciñanza respecto da recollida de augas pluviais, e ademais dótase á rúa dun novo pavimento.
Dende o goberno local resaltan que «estamos a realizar moitas destas intervencións, que poden parecer pequenas, pero que cada unha mellora a vida da nosa veciñanza».
Engaden que «como non pode ser doutro xeito, seguiremos traballando e facendo este tipo de reparacións en todos aqueles puntos nos que sexan necesarias».





