
3 Empresa do Concello do Xallas foron premiadas co distintivo do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED), tras completar con éxito o proceso de formación e avaliación correspondente.
As empresas recoñecidas son:
•𝑯𝒐𝒕𝒆𝒍 𝑿𝒂𝒍𝒍𝒂𝒔
•𝑻𝒂𝒍𝒍𝒂𝒅𝒂𝒔 𝑮𝒂𝒔𝒕𝒓𝒐𝒃𝒂𝒓
•𝑽𝒊𝒍𝒍𝒂 𝑹𝒆𝒈𝒊𝒏𝒂 𝑨𝒖𝒍𝒂 𝒅𝒆 𝑵𝒂𝒕𝒖𝒓𝒆𝒛𝒂
O acto oficial de entrega tivo lugar onte no Hotel Congreso en Teo, nunha xornada que puxo en valor o esforzo e compromiso das empresas coa mellora continua da calidade turística.
Este logro supón un paso máis no compromiso coa calidade e a excelencia dos servizos que ofrecen, contribuíndo tamén a reforzar a imaxe e o atractivo do noso concello como destino.