
Aceites Abril pon unha vez máis a ollada no concello de Malpica, nesta ocasión para ensalzar o talento e a tradición dos oleiros e oleiras de Buño, berce da olería galega.
Nesta nova campaña, destacan tres nomes que manteñen viva a alma do barro e pertencen á Asociación Oleira de Buño:
Antonio Pereira, O Rulo,
María Canedo, do Obradoiro Feituras,
Pablo Rodríguez, de Risco Studio.
Tres artesáns que, coas súas mans, unen pasado e futuro, tradición e innovación, facendo de cada peza unha obra con historia.
Da terra, o barro. Das mans, a arte