Accidente na AP-9 a altura de Culleredo

Un accidente con cinco vehículos deixou tres feridos na AP-9 ao seu paso por Culleredo Sobre as 9.00 horas, chamadas de varias persoas puxeron en coñecemento do 112 Galicia esta colisión múltiple que acabou cun coche envorcado no quilómetro 6 da AP-9, no Burgo.

Desde o principio explicaron que había polo menos unha persoa ferida, aínda que todos os involucrados atopábanse fóra dos vehículos. Finalmente, os servizos sanitarios confirmaron que trasladaron a dous feridos a un hospital e atenderon a outra persoa no lugar. Durante as tarefas de limpeza viaria, a Garda Civil de Tráfico mantén cortada a autovía e desvía o tráfico pola zona do Burgo.

No operativo participan Emerxencias Sanitarias de Galicia-061, o Corpo de Bombeiros de Betanzos, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento de estradas. Quedou aberta á circulación en ambos os carrís ás 12:12 horas.