
A Aula CeMIT do Concello de Carballo, situada no Pazo da Cultura, será unha das sedes das probas de avaliación, de carácter libre, para a obtención do certificado de competencias dixitais de nivel intermedio. Toma nota das datas e dos horarios das probas:

Mércores, 26 de novembro, ás 12.00h (20 prazas dispoñibles)

Venres, 28 de novembro, ás 12.00h (20 prazas dispoñibles)
As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e poden inscribirse na páxina web da rede CeMIT ata o 27 de outubro
