
Despois de que as condicións meteorolóxicas obrigaran a aprazar a xornada a pasada semana, os motores do
Campionato Galego de Trial volveron ruxir en Vimianzo.
A cita, organizada polo @Moto Trial O Petouco en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo – FGMoto e o Concello de Vimianzo, reuniu dende primeira hora da mañá a competidores de distintas partes de todo Galicia.
Foi un circuíto pechado dividido en 10 zonas sinalizadas ao que os pilotos deron dúas voltas en cada unha das categorías establecidas. Estes foron os gañadores
:
TR1 – Xurxo Neo Suárez
TR3 – Ángel Froilán Fernández Arosa
TR4 – Yoesdan Hernández Siles
TR5 – Jorge Sánchez Rivas
TR 4 infantil – Marco Labayos Fernández
TR 5 infantil – Kilian Marques Taimil
Alevín – Mateo Cobas Ogando
Clásicas A – Antonio Pérez Orozco
Clásicas B – Esteban Martínez Bello
A alcadesa, Mónica Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, e a edil de Benestar Social, María José Pose, participaron na entrega de premios
.









