
Tras as obras de canalización de auga realizadas hai meses, as rúas do Piñeiro e as beirarrúas de Anós continúan nun estado deplorable.
O Concello argumenta que “o terreo ten que asentar”, pero mentres tanto son os veciños e veciñas quen pagan as consecuencias:
Non poden transitar con seguridade polo risco real de caída.
A choiva destes días está arrastrando pedras e terra cara á calzada.
Están a formarse socavóns importantes, afectando tamén aos vehículos nunhas rúas xa de por si estreitas.
A seguridade das persoas e o mantemento das infraestruturas públicas non poden quedar en espera indefinida.